Videoconferencia con Antía Yáñez






Hai uns días, tivemos unha  videoconferencia con Antía Yañez para debatermos arredor do seu libro Senlleiras

A charla foi moi interesante. Falounos do libro, en que se inspirou para escribilo… Pareceume incrible que ao escribir estivera facéndoo de modo que fora facil confundir as dúas historias, poñendo nombres similares (Alana, Alda; Bieito, Bernabé). Tamén nos ensinou nos sitios onde se basou para facer a historia, todos reais. 

Houbo unha parte na que explicaba o tema do machismo e do márketing nas revistas de xoguetes, que as páxinas “para nenos” eran azuis, con coches, e fotos de nenos; e as páxinas “para nenas” eran rosas, con cociñitas, e fotos de nenas. Dixo que isto é machista, obviamente, pero que o fan así porque ás nenas, polo xeral, atráenlle máis as páxinas rosas que aos nenos, e viceversa. 

Mostrounos uns gráficos das mulleres que morreron neste ano por violencia de xénero, e dicía que todas as semanas tiña que cambiar esa diapositiva porque todas as semanas morría algunha muller. Comparado con hai un século melloraron os datos, pero non me parece normal que máis de 40 mulleres morreran este ano por violencia de xénero, é unha situación que me gustaría que cambiase. 

A día de hoxe estanse a dar moitas charlas sobre isto nos institutos, e teño esperanzas de que nun futuro, non moi lonxe, se erradique a violencia de xénero. 


Oxalá a charla fose presencial, porque houbo momentos nos que non se entendía moi ben o que quería contarnos, por problemas de audio ou de conexión. Esperemos que para a próxima poida ser presencial, e non detrás dunha pantalla.

                                                Paula Fraga Pollán, 3º ESO A

Comentarios