Mar ao norde é o título do primeiro poemario do poeta mindoniense Álvaro Cunqueiro e ao que lle queremos render tributo con este blog educativo. Nel achégase ao movemento de vangarda e, a través de poemas breves, opón o mar á terra. Un mar que lembra as augas que bañan as terras da Mariña, e que é tan inspirador para nós.Este é un proxecto do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do I.E.S. Monte Castelo, dende o que a comunidade educativa abrirá unha fiestra e poderá publicar os seus traballos e actividades levando por bandeira o galego.
Animádevos a participar e a seguir as nosas publicacións!

Comentarios
Publicar un comentario