Nesta avaliación o alumnado do I.E.S. Monte Castelo participou no concurso de Contos de Terror con grande éxito.
Aquí unha mostra destes terroríficos textos:
GAÑADOR: O ciclo da sopa roto
Espertei outro día máis na escuridade na que levaba anos, con cadeas nos meus brazos, sentado nunha incómoda cadeira de madeira no centro da sala, cos pés descalzos e roupa rota, cunha goteira que fai caer gotas ritmicamente na miña frente, e como sempre o home de todos os días baixou cun prato de sopa, exactamente igual que habitualmente desde que me meteu na súa habitación subterránea. Pasei o día mirando á parede, cansado de intentar fuxir. E como de costume adormecín, espertei outro día máis na escuridade na que levaba anos, con cadeas nos meus brazos, sentado nunha incómoda cadeira de madeira no centro da sala, cos pés descalzos e roupa rota, cunha goteira que fai caer gotas ritmicamente na miña frente, pero esta vez rompendo o ciclo, o home de todos os días non baixou cun prato de sopa.
Manuel Montero Gradaílle 2º ESO A
PANDAS TI !
Os pais de Lois mercaron unha casa que daba arrepíos.
Estaba no cumio dunha montaña e a historia daquela casa era terrorífica. Había
dez anos que un neno chamado Xosé desaparecera na súa habitación.
A habitación de Lois era enorme,
tiña unhas grandes fiestras e uns armarios que parecían labirintos por dentro.
A primeira noite unha voz que o chamaba despertouno, ergueuse e asomouse á
fiestra. De súpeto o cristal empanouse e veuse como se alguén escribira as
palabras; “ agora tócache a ti “. Lois meteuse na cama e tapouse ata a cabeza.
A segunda noite a mesma voz despertouno e Lois abriu a porta do armario. Había
néboa dentro e oíase a voz dun neno contando; “ un, dous, tres,...” e de súpeto
unha voz detrás del di; “ tócache pandar “ e empurrouno dentro do armario.
Nunca máis se volveu saber de
Lois.
Diego Anello 2º ESO A
UN ESPERTAR MOI ESTRAÑO
Un
día, espertei nunha sala onde non había ninguén. Levanteime intentando atopar
respostas. Non as atopei. Non sabía onde estaba.
Berrei
con todas as miñas forzas para que alguén me escoitase e me axudase. Entón,
escoitei uns berros, era unha muller que tamén pedía axuda.
Onde
estabamos? Que estaba a ocorrer? Quen nos metera alí?.
De
súpeto a voz da muller estaba máis preto, cada vez máis preto. Axúdame, por
favor! Sácame de aquí!
Nese mesmo intre vin unha sombra ó lonxe. Era a muller, alegreime...escapariamos xuntos. O irse achegando, notei algo raro, estremecín. Comencei a suar, un suor frío. O darme a volta, deime conta de que aquilo non era unha muller! era a morte en persoa! Viña a por min! Non tiña escapatoria.
NEREA GÓMEZ LESTEGÁS 2 ESO A
AS PANTASMAS
E din que aínda hai xente que pensa que andan vagando pola cidade

Comentarios
Publicar un comentario