Elas: As nosas alumnas do IES Monte Castelo

         As distintas iniciativas levadas a cabo con motivo do 25-N no I.E.S. Monte Castelo foron todo un éxito: dende a curtametraxe feita polo alumnado de artes, os debates de 4º da ESO, a lectura de textos en todos os cursos e unha achega á música comprometida do país, así como a iniciativa en redes SIGUE O FÍO...

    Deixamos aquí algunhas mostras: 

    Vídeos e textos de SIGUE O FÍO...

    






Máis textos e máis música: 

E por último aquí está.

O modelo da industria

de mulleres

en cadea.

Un modelo de producción

sumamente rendible

para a economía do páis.

Mágoa que se axuste tan pouco

ó producto autóctono

de carnes tradicionalmente alimentadas

con botelos,touciños e lacón.

A revolución industrial.

As mulleres de talle 36

embutidas no que antes

utilizariamos

para facer uns bos chourizos.

Todas iguais.

Unha por unha.

Unha producción ilimitada

nun mercado mutilador.

Se cadra agora haberá que xustificar

que sesegue sendo humana

mesmo se non se cabe

na roupa de Zara.

Centro comercial Camelias: Zara. María Reimóndez


Se teórica é a causa,

práctica é a consecuencia.

Se teórica é a causa,

práctica é aconsecuencia.

Non quero asumir ausencias

nin chorar para partir.

Non quero asumir ausencias

nin chorar para partir.

Comer e deixar que comas,

vivir e deixar que vivas.

Comer e deixar que comas,

vivir e deixar que vivas.

Loitar se a loita éprecisa

e rir se é preciso rir.

Loitar se a loita é precisa

e rir se é preciso rir.

Non son fada nen princesa

a quen mirar.

Non sei cobrar cando estimo

nen dou se non quero dar.

Non sei cobrar cando estimo

nen dou se non quero dar.

Quero falar efalar

sen dar nada por ouvido.

Quero falar e falar

sen dar nada por ouvido.

Camiñar cos pés no chan,

negar deuses asasinos.

Camiñar cos pés no chan,

negar deuses asasinos.

Non crer sen ver, dubidar,

confiar só nos sentidos.

Non crer sen ver, dubidar,

confiar só nos sentidos.

Non son fada nen princesa

a quen mirar.

Fanme rir porcos de pé,

contemplo olvido e memoria.

Fanme rir porcos de pé,

contemplo olvido e memoria.

Só forxa patrias a historia,

fabríqueas quen quixer.

Só forxa patrias ahistoria,

que as fabrique quen quixer.

Cuspo enriba do papel

que mutile a identidade.

Cuspo enriba do papel

que mutile a identidade.

Viro as costas ás vaidades,

deséxolle a morte aos reis.

Viro as costas ás vaidades,

deséxolle a morte aos reis.

Nonson fada nen princesa

a quen mirar.

Non son fada nen princesa

a quen mirar.

Non son fada nen princesa

a quen mirar.

Non son fada nin princesa. Sés




Comentarios