Hai uns días tiñamos organizada unha experiencia que consideramos que podería ser moi proveitosa para o alumnado: a visita virtual á exposición Galicia, de Nós a nós.
Esta mostra reunía na Cidade da Cultura máis de 300 pezas na exposición máis completa e ambiciosa sobre a Xeración Nós. Converteuse, sen dúbida, nunha visita imprescindible deste tan inusual outono, en que se conmemora o centenario da publicación da revista Nós.
Porén, non sempre se cumpren as expectativas e así nolo fixo saber o alumnado:
Na miña opinión, a conferencia foi moi distinta ás expectativas que tiña; eu pensaba que iamos poder ver a exposición a través da videoconferencia e, a realidade foi que tivemos una especie de charla e non puidemos ver a exposición, que era o que realmente me interesaba. Aínda así,
En conclusión, a actividade foi produtiva pero non se lle sacou todo o proveito que se lle podía sacar á exposición.
Paula Pernas Dayán 4°ESO A
Agardamos acertar en próximas iniciativas que nos gustarían poder levar a cabo in situ. Pero sempre quedará o bo labor desta grande xeración: Nós!

Comentarios
Publicar un comentario