Visita á exposición sobre Ricardo Carballo Calero

 

Reportaxe de Nausícaa Bernardi de 4º da E.S.O.

Varias semanas atrás, visitamos no recinto do IES Perdouro, nunha tenda branca, unha exposición sobre Ricardo Carballo Calero. Carme, a nosa profesora de lingua galega, relatou todos os detalles da súa traxectoria como escritor, filólogo e mestre galego.

Estas exposicións parécenme moi interesantes pola forma de facilitarlle a información ao alumnado, que só ten que atender ás explicacións do/a profesor/a e ós carteis, con resumos, fotografías, pinturas, cartas, etc., sobre a persoa en concreto, polo que axudan visualmente a comprender un pouco máis o espazo, o tempo, e demais pormenores.



Penso que isto debería facerse máis a miúdo, xa que é unha maneira diferente de aprender, amais de ser bastante práctica.

Neste caso, aprendemos moito sobre o homenaxeado das letras galegas deste ano 2020. Don Ricardo foi o primeiro titular da cátedra de lingua e literatura da USC e un dos personaxes máis activos en dotar de oficialidade o galego.



Comentarios