O 25 de novembro é unha data moi sinalada. Todos os diferentes actos que se levan son precisos para sumármonos á conmemoración do DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, un dos males que infectan a nosa sociedade.
Dende o Equipo de Normalización queremos compartir con vós algúns textos líricos que denuncian actitudes que contribúen á violencia e marxinación das mulleres.
Sempre lendo! Sempre libres!
[1]
O
que Penélope teceu na súa Singer
foi
a cruz das condeadas
Xa
non queren ser a Selene
que
olla parva ao Endimión durmido
Aborrecen
ser Sibilas
que
contan grans de area
esquecendendo
pedir o seu desexo
Nin
mortais
que
no sono da noite
ceiban
os seus corpos a deuses con poder
As
amazonas tampouco sabían facer punto de cruz.
O
cuarto das abellas, Antía Otero
[2]
FÓRA
DE CONTROL
A
quen chamo, como visto, onde estabas metida...
En
canto valoras, my boy, este corte de mangas?
Penúltimas
tendencias, Carlos Negro
[3]
Quero
abandonar
a
vida morta
das
princesas.
Levantar as tetas, Lupe Gómez
[4]
De
súpeto
quedei
soa,
nun
campo ermo,
cun
par de maletas
nas
que non cabía
toda
a dor
que
debía transportar.
Refuxio, Verónica
Martínez Delgado
[5]
É
este
o
tempo
dos
sucos novos.
Espertemos
de
sonos de antano
en
barola amolecidos
e
gocemos
plenamente
das
estreliñas
mareiras
de
cinco puntas
violetas
que
penduran
na
rede
dos
nosos soños.
Quero
ser violeta.
Quero
ser violeta.
Repite
comigo.
Porque
non podo
vivir
en déficit
comigo
mesma.
Partituras, Mercedes
Queixas e Xoán Carlos Domínguez.
[6]
Insubmisión
«pour femme»
ChusPato
Fatma
Allou, Habiba Djahnine,
Sojourner
Truth, Frances Harper
Fadela
amara, Bell Hooks, Alice Walker
Ann
Douglas, Tania Modleski
Andrea
Dworkin, Agorati, Susie Orbach
Chandra
Talpade, Mohanty, Nawal Saadawi
Fatima
Mernissi, Daughter of Bilitis
Betty
Driedan, Agorati, Simone de Beauvoir
Sulamith
Firestone, Gail Chester
Vandana
Shiva, Alexandra Kollontai
Hélène
Cixous, Germaine Greer
Kate
Millet, Julia Kristeva, Wangari Maathai
Ann
Oakley, Agorati, Nancy Chodorow
Adrienne
Rich, Mary Daly, Rachel Spegh
Cristina
de Pisán, Rosalía de Castro
e
agora ti.
Todas as mulleres que
fun, Andrea Nunes Brións
[7]
Lapidadas
Como
ovellas que van ao matadeiro
camiñades
a serdes lapidadas
en
reas, silenciosas e humilladas,
baixo
a mirada atenta do carneiro.
Que
o voso sangue sexa o derradeiro
a
mollar esas terras magoadas
polo
integrismo cruel, polas brigadas
dunha
fe que vos nega todo abeiro.
¡Maldita
sexa a man que tira a pedra!
¡Maldito
na semente e no futuro
o
nome dos que erguen ese muro
sobre
peitos que alentan! ¡Sexa a hedra
nai
piadosa a cubrilas, nai que medra
a
reclamar a vida en berro puro!
Mulleres,
Marica Campo
[8]
Princesa
(contra) Disney
Cuspo
os chícharos
agochados
no colchón
como
se fosen balas.
Arrinco
o vestido de seda.
Íspome
e pego un berro
que
escacha as porcelanas.
O
cabelo longo semella atadura.
(As
tesoiras fanme menos escrava).
Fuxo
da torre.
Da
mazá envelenada
da
obediencia.
Fendo
os ferrollos.
Pelo
curto,
lingua
solta.
Respiro
fondo,
corro
descalza.
Comezo
a alancar
cara
a esa gándara
máis
alá dos espellos.
(Vaime
volvendo a voz
Que
perdín en palacio).
Penúltimas
tendencias, Carlos Negro
[9]
Hemorraxia
interna
Sangro,
sangro,
sangro,
tanto coma un home,
ou
máis.
Pornografía, Lupe
Gómez
[10]
Ósos
de Muller
ósos
que encolleron na humidade do inverno
de
todos os invernos
que
anegaron o século.
Ósos
de muller,
ósos
ou cristal que non resiste os días
e se
crava na carne
recordando
a dor de cada parto
de
cada océano de sangue
que
o corpo vomitou.
Ósos
de Muller
que
esmorecen no inverno das mil chuvias
e
volven á terra que podamos,
á
eternidade do silencio e á verdade
á
detención do sufrimento.
As amantes de Hamlet,
Marta da Costa
[11]
As
bonecas finximos
sempre
os
sorrisos que máis nos favorecen .
Corpo baleiro, Berta
Dávila
[12]
I.
As versións de Iocasta dependen non da súa vida, que se
repite, senón da súa morte.
II.
Erguinme unha mañá como se fose 1999 e miña nai deixase de ser
nova aos vinte e cinco anos sen probar as drogas.
É triste.
A xuventude de miña nai consumida nunha rúa con nome de
arquitecto. Nunha cidade con mar.
Os vinte e cinco anos de miña nai e a carón deles ningún
animal morto.
As virxes que morren coma homes non se opoñen no intre do
sacrificio.
O costado dereito de miña nai ao descuberto. A miña man no seu
fígado.
Só así eramos quen de durmir.
III.
Iocasta aforcada no Edipo de Sófocles.
Degolada sobre os cadáveres dos seus fillos nas Fenicias de
Eurípides.
Só así, na túa voz, eramos quen de durmir.
Lumes,
Ismael Ramos

Comentarios
Publicar un comentario