A escritora protagonista do mes de novembro é a a nosa veciña Antía Yáñez. Quen mellor ca ela para estrear este
sección do blog!
Nada en Burela en 1991, estudou enxeñería de camiños e portos,
aínda que nunca exerceu a profesión. Na actualidade vive en Cecebre (Cambre),
onde compaxina escrita coa xestión dunha academia, e onde imparte obradoiros de
escritura.
Cabe destacar os importantes premios con que conta coma o de Relatos Curtos Os Viadutos, o XXVI Concurso
Literario Xaime Illa Couto ou o Certame Literario de Cambre. Aos que seguen o
Illa Nova 2018, o I Premio Fina Casalderrey de literatura infantil pola
igualdade, finalista do I Premio María Victoria Moreno de Literatura
Xuvenil e o máis recente o III Premio Agustín Fernández Paz de narrativa
infantil e xuvenil pola igualdade. Hoxe é considerada unha das grandes voces
novas da literatura galega actual.
No I.E.S. Monte Castelo estamos
a ler algunhas das súas novelas como Senlleiras (3º da
E.S.O.), O Misterio do torque de Burela (3º
PMAR), e os máis avezados a súa última publicación: Plan de rescate.
En breve poderemos charlar con ela nunha
videoconferencia que ha de ser do máis gratificante. Mentres tanto, continuamos
a ler!


Comentarios
Publicar un comentario